RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un Fabril que quere "subir o nivel competitivo" mídese en Fadura a un Arenas Club que busca ser "moito máis agresivos aínda nas presións"

DÉPOR FABRIL · 7 NOVEMBRO 2026

UN FABRIL QUE QUERE "SUBIR O NIVEL COMPETITIVO" MÍDESE EN FADURA A UN ARENAS CLUB QUE BUSCA SER "MOITO MÁIS AGRESIVOS AÍNDA NAS PRESIÓNS"

O Fabril visita este domingo 8 de novembro ás 12:00 (Fan Play TV) ao Arenas Club no Municipal de Fadura de Getxo, en partido correspondente á 11ª xornada en Primera Federación.Tras o triunfo da pasada fin de semana en Zamora, o filial chega ao choque con 11 puntos na 16ª posición.Manuel Pablo advirte que "tes que subir o nivel competitivo. Non podes relaxarte en ningún momento nesta categoría".O técnico fabrilista insiste en que "hai erros que penalizan moito. Tes que ser máis contundente".Insiste en pedir aos seus futbolistas que "esa confianza co balón a sigan tendo. E que o feito de non querer cometer eses erros co balón os leve a simplificar as cousas".Son baixa para o partido Jairo, Damián Canedo, Dipanda, Vergara e Dani Estévez; ademais de Kevin Sánchez e Noé, desprazados co primeiro equipo a Barcelona para enfrontarse ao RCD Espanyol.

jonerice1107.jpeg

Foto: Arenas ClubPola súa parte, o Arenas Club, que suma 2 triunfos consecutivos, pecha a táboa con 8 puntos.No seu campo de Fadura esta temporada o conxunto vasco venceu á UD Ourense (2-0); empatou co Racing de Ferrol (1-1); e perdeu co Zamora CF (1-2), Athletic Club B (0-3) e AD Mérida (0-4).O seu técnico, Jon Erice, quere ser "moito máis agresivos aínda nas presións, moi gañadores nos duelos na última liña. Imos ser valentes e ímonos ver expostos a uns contra uns. Hai que gañar nesas situacións se queremos ter opcións neste partido".