
DÉPOR · 20 SETEMBRO 2026
O DÉPOR RESCATA UN PUNTO ANTE O REAL BETIS DESPOIS DUN "ESFORZO BRUTAL"
O Dépor saldou cun empate (1-1) este domingo 20 de setembro en ABANCA-RIAZOR ante o Real Betis, nun encontro correspondente á 7ª xornada de LaLiga EA Sports, o seu terceiro partido en 7 días.Con este resultado, Os Nosos suman 10 puntos na 7ª posición da liga.Antonio Hidalgo afirmou estar "moi contento polo equipo, pola xente. Os xogadores fixeron un esforzo brutal, souberon reaccionar, estar vivos sempre no partido".O técnico deportivista recalca que "é brutal o que nos dá a nosa xente. É unha diferenza abismal para nós. Empurrounos, sostívonos, gozou. Estou contento por ese punto".Foi baixa Angeliño, expulsado ante o Sevilla FC; e Amatucci, que segundo explicou o adestrador blanquiazul sofre "unha molestia nun adutor que non lle impediría participar durante o partido. Non parece nada grave, pero con tan pouco tempo de recuperación era un risco innecesario quedando todo por diante".Explicou ademais a suplencia de Aubameyang: "Non adestrou ningún día connosco. Onte puido saír un pouco ao campo nese proceso vírico que pasaron máis xogadores"; e nomeou a continuación a "Mario Soriano, Altimira e Álvaro (Ferllo). Déixate máis débil. Fixeron un traballo brutal".Ante isto e ante a sobrecarga de partidos, o Dépor presentou ante o Real Betis varios cambios no once inicial: Ximo Navarro, Bright Ede, Quagliata, Mario Soriano, Asp Jensen e Mella substituíron a Altimira, Loureiro, Angeliño, Amatucci, Yeremay e Aubameyang respectivamente.A primeira ocasión foi do Real Betis. Aos 3 minutos Abde rematou en posición acrobática na área pequena. Salvou Leo Román cunha fermosa parada baixo paus.Apertaban os béticos, un equipo de 'Champions' que se fixo co dominio do balón.Porén, pouco a pouco o Dépor foi afastando os verdibrancos (hoxe de verde) da área de Leo Román a base de posesións longas.O primeiro contratempo chegou para o Dépor pasada a media hora. Casadó, lesionado nun ombreiro, viuse obrigado a abandonar o terreo de xogo. Foi substituído por Villares. "Ten mala pinta. Teñen que facerlle probas, pero non ten moi boa pinta", lamentou o preparador do Dépor.Aos 38 minutos, nun contragolpe, Mella, titular por primeira vez en Primera División, vaise cara a dentro, pero o seu disparo, frouxo, atrápao ben situado Álvaro Valles.Na recta final da primeira metade chegou o primeiro tanto do partido.Non consegue sacar o Dépor un balón que recolle Cucho Hernández na frontal da área. O disparo do atacante bético foi inalcanzable para Leo Román.Os primeiros 45 minutos remataron con polémica.O colexiado do partido, o rioxano César Soto, incomprensiblemente non expulsou a Cucho Hernández, que impactou coa súa bota na cabeza de Ximo Navarro co balón en xogo. E iso que acudiu á pantalla a instancias do VAR. Nin sequera houbo cartón para o xogador do Betis."Para min é vermella clarísima. O Cucho move a perna cara atrás, intenta xogar o balón, impacta no noso xogador. Hai unha interpretación dun árbitro, que ten que tomar decisións complicadísimas. Agradézolle que ao final do partido me explicase como vía el a xogada. Tomou esa decisión, non é sinxelo para el, pero para min é vermella clarísima", opinou Hidalgo.Co 0-1 chegouse ao descanso."Na primeira parte non estivemos de todo cómodos", resumiu o preparador blanquiazul.

Tras o paso polos vestiarios, Riki tivo a primeira oportunidade. Recibiu na área de Mella, pero non precisou o seu disparo, que marchou alto.Apertou o Dépor, que por momentos encerrou o Betis na súa área.De feito, Manuel Pellegrini, técnico bético, admitiu que na segunda parte "foi superior o Dépor".Aos 54 minutos, Giménez cabeceou ás mans de Álvaro Valles un bo centro de Asp Jensen.Foi o danés quen disparou dous minutos despois ás mans do gardameta bético.Mella tivo o empate nas súas botas nun man a man que desbaratou o gardameta Álvaro Valles. Corría o minuto 60.Espertou o Betis, que dispuxo dunha dobre ocasión: primeiro Leo Román detivo o remate de Abde e o rexeitamento, que lle caeu ao Cucho Hernández, despexouno baixo paus Bright Ede.Antonio Hidalgo comezou a mover o banco. Aubameyang substituíu a Asp Jensen e Luismi, a Riki.Aos 70 minutos, Abde, nun contragolpe, percorreu todo o campo e desde a frontal disparou lixeiramente desviado tras tocar nun defensor.O remate de Natan no saque de esquina marchou fóra por moi pouco.Na outra área, Aubameyang estivo a piques de empatar ao rematar un gran centro de Quagliata no minuto 76. Salvou Álvaro Valles cunha gran parada.Co Betis de novo acurralado, e no medio do pulo da bancada, chegouse á recta final.Empatou con xustiza o Dépor grazas a Villares, o capitán branquiazul, que se estrea como goleador en Primera División.Chegando desde atrás, como a el lle gusta, cabeceou á rede un centro milimétrico de Mario Soriano no minuto 86, lonxe do alcance de Álvaro Valles, elixido MVP do partido.Sen tempo para máis, malia un par de achegamentos perigosos do Dépor no desconto, rematou o encontro."Creamos ocasións suficientes, sobre todo na segunda parte, para levar o partido", concluíu Antonio Hidalgo.Deportivo: Leo Román, Ximo Navarro, Giménez, Bright Ede, Quagliata, Casadó (Villares, min. 34), Riki (Luismi, min. 66), Mella (Yeremay, min. 75), Asp Jensen (Aubameyang, min. 66), Mario Soriano e Bil (Adama, min. 75)Real Betis: Álvaro Valles, Bellerín, Natan, Bartra (V. Gómez, min. 12), Antony (Fran Bernal, min. 61), Fornals (Ceballos, min. 78), Cucho Hernández, Abde, Fran Garcia, Deossa (Isco, min. 61) e Marc Roca (Riquelme, min. 78)Árbitro: César Soto, do comité rioxano. Amoestou a Bright Ede (min. 3) e V. Gómez (min. 65)Goles: 0-1 Cucho Hernández (min. 44); 1-1 Villares (min. 86)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 29.034 espectadores. Realizou o saque de honra Jacobo Garrido Bruno, nadador paralímpico coruñés campión europeo de 400 libres

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Os Nosos volven ao traballo este luns 21 de setembro ás 10:30...

Primeira e contundente vitoria en liga dun Dépor ABANCA que e...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club