
DÉPOR GENUINE · 17 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR GENUINE ARRANCA UNHA EDICIÓN MÁIS DE LALIGA GENUINE MOEVE ESTA FIN DE SEMANA EN TARRAGONA
LALIGA GENUINE Moeve, o proxecto de referencia en inclusión social a través do fútbol impulsado por LALIGA a través da súa Fundación, arrancará como vén sendo tradición coa Fase Inaugural en Tarragona, co Nàstic de Tarragona como club anfitrión, do 19 ao 22 de novembro.Contará coa participación do Dépor Genuine ademais doutros 49 equipos.A inauguración será no Nou Estadi Costa Daurada, mentres que os partidos se disputarán no Mediterranean Sports Hub.A segunda fase celebrarase en dúas sedes nas que o CD Tenerife e o CA Osasuna serán os clubs anfitrións. A Ciudad Deportiva de Tenerife Javier Pérez acollerá a primeira parte desta fase os días 29, 30 e 31 de xaneiro, mentres que Pamplona se estreará como parada da competición máis inclusiva do mundo co desenlace da fase os días 5, 6 e 7 de marzo na Ciudad deportiva Tajonar.Pola súa parte, a terceira fase iniciarase na Ciudad deportiva Bahía de Cádiz, onde o Cádiz CF recibirá a metade dos equipos participantes os días 9, 10 e 11 de abril; mentres que o Real Sporting de Gijón exercerá como club anfitrión da penúltima sede os días 7, 8 e 9 de maio na Escuela de Fútbol de Mareo.A temporada concluirá coa fase final en Madrid, onde o Atlético de Madrid actuará como club anfitrión os días 11, 12 e 13 de xuño no Centro deportivo Alcalá de Henares. Será o escenario no que se porá o ramo a unha campaña marcada polo espírito de superación, o respecto, o compañeirismo e os valores que definen a LALIGA GENUINE Moeve. Suporá a festa final do curso na que se determinarán os 3 campións de Fair Play e os 3 campións deportivos dunha temporada chea de sorpresas.

Nesta primeira fase de Tarragona, os rivais de Os Nosos serán o Atlético de Madrid, a UD Las Palmas e o Villarreal CF.O calendario de partidos do Dépor Genuine é o seguinte:Sábado 21 de novembro12:00: ATLÉTICO DE MADRID - DEPORTIVO GENUINE (campo 4)18:30: UD LAS PALMAS - DEPORTIVO GENUINE (campo 4)Domingo 22 de novembro11:00: DEPORTIVO GENUINE - VILLARREAL CF (campo 2)


O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...

O adestramento do Dépor previsto para este martes 17 de novem...

David Mella mídese en Tirana a Albania coa selección española...

Lucas Noubi xogou de titular o amigable ante a Italia sub-21 ...