RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD aproba por unanimidade todos os puntos da orde do día

ACCIONISTAS · 17 NOVEMBRO 2026

A XUNTA XERAL ORDINARIA DO REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA SAD APROBA POR UNANIMIDADE TODOS OS PUNTOS DA ORDE DO DÍA

Ás 9 da mañá deste martes 17 de novembro celebrouse a Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D en primeira convocatoria coa participación de accionistas que representaban o 99,86 % do capital social, con presenza de notario.Todos os acordos adoptáronse por unha maioría do 99,86% do capital e por unanimidade dos accionistas presentes na Xunta conforme á Orde do día publicada na páxina web corporativa do Club o pasado 9 de outubro de 2026:PRIMEIRO.- EXAME E, SE PROCEDE, APROBACIÓN DOS SEGUINTES PUNTOS RELATIVOS AO EXERCICIO SOCIAL PECHADO A 30 DE XUÑO DE 2026.1.1. EXAME E, SE PROCEDE, APROBACIÓN DAS CONTAS ANUAIS DO EXERCICIO PECHADO A 30 DE XUÑO DE 2026.1.2. EXAME E, SE PROCEDE, APROBACIÓN DA XESTIÓN SOCIAL REALIZADA POLO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN.1.3. EXAME E, SE PROCEDE, APROBACIÓN DA PROPOSTA DE APLICACIÓN DO RESULTADO DO EXERCICIO PECHADO A 30 DE XUÑO DE 2026.Votouse de forma independente o resultado do exercicio rematado con data do 30 de xuño de 2026, a xestión social e a proposta de aplicación do resultado.SEGUNDO.- REELECCIÓN DE CARGOS DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN.Votouse de forma independente a reelección de cada un dos cargos do consello cuxo mandato vencera polo transcurso do prazo estatutario de 2 anos: os conselleiros D. Juan Carlos Escotet Rodríguez, D. Massimo Adalberto Benassi, Dª Marta Fernández Currás e D. Benito Couceiro Naveira.TERCEIRO.- APROBACIÓN DO IMPORTE MÁXIMO DE REMUNERACIÓN ANUAL DO CONXUNTO DOS ADMINISTRADORES PARA O EXERCICIO 26/27.De conformidade co establecido no artigo 217 da Lei de sociedades de capital e no artigo 31 dos Estatutos Sociais, acordouse actualizar a contía retributiva máxima do Consello para que englobe o importe total anual da suma de todas as retribucións que poidan recibir todos os conselleiros, así como o importe global das indemnizacións que se puidesen devindicar en caso de resolución anticipada do seu contrato.CUARTO.- RENOVACION DA DESIGNACION DE AUDITORES DE CONTAS DO GRUPO QUE CONFORMAN O REAL CLUB DEPORTIVO DA CORUÑA, SAD E AS SÚAS SOCIEDADES DEPENDENTES PARA O EXERCICIO 26/27.Acordouse renovar o cargo de auditores da sociedade de PricewaterhouseCoopers Auditores, S.L. para o exercicio 2026/2027.QUINTO.- Rogos e preguntas non foi obxecto de votaciónSEXTO.- aprobación formal do apoderamento ao consello para poder elevar a público os acordos adoptados.