
FUNDACIÓN · 17 NOVEMBRO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN PARTICIPA EN BRESCIA NUNHA REUNIÓN DE SEGUIMENTO DO PROXECTO EUROPEO GAMEMIND PARA IMPULSAR O BENESTAR PSICOLÓXICO DAS DEPORTISTAS
A RC Deportivo Fundación participou na reunión de seguimento do proxecto europeo GameMind, celebrada en Brescia (Italia) durante as xornadas organizadas por Volley Millenium Brescia, club da Serie A1, máxima división do voleibol feminino en Italia.A delegación deportivista estivo formada por David Lagar, responsable de estratexia formativa; e Álex Espiñeira, coordinador de proxectos internacionais.As entidades participantes fixeron balance das actividades desenvolvidas, compartiron as primeiras valoracións das deportistas e definiron as prioridades para a seguinte fase do proxecto.Para a RC Deportivo Fundación, este intercambio permite enriquecer o traballo cos técnicos e as xogadoras do Dépor ABANCA B, que xa participaron en actividades de GameMind centradas na xestión da presión, as emocións e a confianza.Cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Erasmus+ Sport, GameMind conecta entidades de distintas disciplinas e países para impulsar o benestar psicolóxico das deportistas e facilitar ferramentas a quen as acompaña.Con esta participación, a RC Deportivo Fundación reforza o seu compromiso coa formación integral das xogadoras e o coidado do seu benestar emocional.

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...

O adestramento do Dépor previsto para este martes 17 de novem...

David Mella mídese en Tirana a Albania coa selección española...

Lucas Noubi xogou de titular o amigable ante a Italia sub-21 ...