
DÉPOR ABANCA · 17 NOVEMBRO 2026
AS NOSAS RETOMAN OS ADESTRAMENTOS TRAS A XESTA ANTE O BARÇA E MIRAN XA AO FC BADALONA WOMEN
Despois de dous merecidos días de descanso, o Dépor ABANCA retoma os adestramentos este mércores 18 tras lograr o pasado domingo 15 un empate histórico ante o FC Barcelona.É a primeira vez que As Nosas conseguen puntuar fronte ao conxunto azulgrana.Nun partidazo cheo de carácter e determinación, as deportivistas mantiveron o pulso ante un dos rivais máis esixentes do fútbol e culminaron unha xesta para lembrar.O equipo amosou personalidade tamén para manterse por diante no marcador durante case 54 minutos, defendendo a súa vantaxe e competindo con valentía.O mérito medra ao mirar a aposta pola canteira. O Dépor ABANCA xogou con 6 canteirás, dentro dun equipo cunha idade media de 21,6 anos.Mocidade, valentía e talento uníronse nunha actuación que xa forma parte da historia do RC Deportivo.O empate supón un fito para o equipo e unha demostración da capacidade das súas futbolistas para competir ante un rival do máximo nivel.

O seguinte reto chámase FC Badalona Women e terá como escenario o Estadi Costa Brava de Palamós o sábado 21 de novembro ás 12:00.O Dépor ABANCA chegará ao choque con 12 puntos situado na 10ª posición.Alberto Rodríguez disporá de 3 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center antes do encontro.A última, a do venres 20 de novembro, adiántase ás 9:00 porque ao rematar, o equipo partirá de viaxe a Palamós, vía Barcelona.A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 18 de novembro11:00 h.Xoves 19 de novembro11:00 h.Venres 20 de novembro9:00Sábado 21 de novembro12:00: FC Badalona Women - Deportivo ABANCA, no Estadi de Palamós-Costa Brava


David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...

O adestramento do Dépor previsto para este martes 17 de novem...