
· 20 SETEMBRO 2026
RESULTADOS DUNHA FIN DE SEMANA REDUCIDA EN ANOSACANTEIRA FEMININA, ESTE DOMINGO 20 COA DERROTA DO ORZÁN SD XUVENIL ANTE O XALLAS FC
Fin de semana de competición reducida en ANOSACANTEIRA feminina, unicamente con 2 encontros.O partido máis destacado xogouse este sábado 19 de setembro no Dépor Training Center.O Deportivo ABANCA B goleou por 4-0 o Real Racing Club na 3ª xornada en Segunda Federación.Con este resultado, As Nosas suman 6 puntos e sitúanse na 4ª posición.ANOSACANTEIRA celebrou ademais o novo partido internacional de Antía Veiga, que foi tamén titular e capitá da selección española sub-17 no amigable ante Francia.Venceron as españolas por 2-0 e a canteirá branquiazul xogou a primeira metade.En canto ao resto de categorías, en Tercera Federación tocoulle descansar ao Orzán SD Sub-21, posto que o seu rival, o Domaio FC, se retirou da competición.E finalmente en Primera Autonómica, o Orzán SD Xuvenil non puido (1-3) co Xallas FC este domingo 20 de setembro na Torre, resultado que deixa as orzanistas con 3 puntos na 5ª posición.Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 4 (Karla, Sara Barreda, Antía Mayo e Elsa Ayats) - REAL RACING CLUB 0Primera Autonómica2ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL 1 (Daniela Barbanzán) - XALLAS FC 3

O Fabril rabuña un punto en Lezama ante o Athletic Club B nun...

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Os Nosos volven ao traballo este luns 21 de setembro ás 10:30...

Primeira e contundente vitoria en liga dun Dépor ABANCA que e...

O Dépor rescata un punto ante o Real Betis despois dun "esfor...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...