
DÉPOR · 20 SETEMBRO 2026
OS NOSOS VOLVEN AO TRABALLO ESTE LUNS 21 DE SETEMBRO ÁS 10:30 NO DÉPOR TRAINING CENTER
Concluído o encontro ante o Real Betis en ABANCA-RIAZOR, cuxos mellores momentos podes ver ao pé da noticia, Os Nosos adestraranse de novo este luns 21 de setembro a partir das 10:30 no Dépor Training Center.Comeza un parón de 2 semanas polos compromisos das seleccións nacionais.Así, a próxima cita ligueira para o Dépor será o domingo 11 de outubro ás 16:15 en Anoeta ante a Real Sociedad, nun partido retransmitido en directo por Dazn.Antes, concretamente o venres 25 de setembro ás 20:00 (hora galega, 19:00 hora local), o conxunto de Antonio Hidalgo disputará no Estadio 25 de abril un amigable ante o FC Penafiel da Segunda División de Portugal.O encontro será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Primeira e contundente vitoria en liga dun Dépor ABANCA que e...

O Dépor rescata un punto ante o Real Betis despois dun "esfor...

Resultados desta fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo...

Resultados deste sábado 19 en ANOSACANTEIRA e calendario dest...

O Dépor ABANCA B, moi superior ao Real Racing Club