RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data Analytics

FUNDACIÓN · 21 SETEMBRO 2026

O RC DEPORTIVO E SBL EDUCATION LANZAN O MÁSTER EN FÚTBOL DATA ANALYTICS

O RC Deportivo e SBL Education asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento de proxectos académicos que ten como primeiro resultado o lanzamento do Máster en Fútbol Data Analytics (MFDA), un programa deseñado desde a perspectiva dun club de elite.O fútbol é o deporte con maior peso dentro do mercado global de Sports Analytics, valorado en 5.280 millóns de dólares e cunha proxección que mantén un crecemento destacado para os vindeiros anos.O MFDA nace dunha visión compartida entre o RC Deportivo e SBL Education sobre o papel da educación no fútbol.Para o Club, a educación forma parte dos valores propios do deporte, pero tamén é unha ferramenta de desenvolvemento estratéxico: o coñecemento que xera permítelle competir e medrar como entidade.Para o RC Deportivo, este paso cara á educación débese principalmente á metodoloxía de traballo propia que desenvolveu, na que os diferentes departamentos da área deportiva, corpo técnico, preparación física, servizos médicos e análise poñen as novas tecnoloxías ao servizo dos seus obxectivos deportivos. A proposta académica consiste en ofrecerlle ao alumnado esa mesma metodoloxía.O máster comezará en novembro de 2026, terá unha duración de 10 meses e impartirase en modalidade híbrida. O alumnado poderá elixir entre as especializacións de Analítica de Datos e Área Deportiva e, ademais das sesións en liña, o programa inclúe o SportsData Summit, un encontro presencial na Coruña con casos de uso reais e clases maxistrais, no que se abordará o futuro dos datos e da tecnoloxía no deporte en xeral e no fútbol en particular.Con este acordo, o RC Deportivo reforza o seu compromiso coa innovación e a educación como pancas de futuro para o Club, mentres que SBL Education consolida o seu papel como referente na educación aplicada á industria do deporte.Toda a información sobre o programa, as especializacións e o proceso de admisión está dispoñible nesta ligazón.