
DÉPOR · 21 SETEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "O EQUIPO TEN UN GRAN COMPROMISO, UNHA GRAN LOITA EN TODOS OS PARTIDOS"
Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que, despois de 7 xornadas cunha soa derrota, "temos 10 puntos. Iso é o que di a clasificación. O equipo ten un gran compromiso, unha gran loita en todos os partidos e iso está a permitirnos estar sempre metidos nos encontros".Rematado o primeiro treito de LaLiga EA Sports destes primeiros partidos, o técnico deportivista está "moi contento. O que vin do meu equipo gustoume moito. O que vin con ABANCA-RIAZOR, coa comuñón con ANOSAFORZA, é brutal. Vexo a xente moi ilusionada".Iso si, advirte que "temos que mellorar. Isto non fixo máis que comezar. Quédannos moitísimos puntos para poder acadar o obxectivo. Estou contento e agora con ganas de desconectar un pouco".Finalmente, Antonio Hidalgo lembra do encontro ante o Real Betis que "os partidos duran 90 minutos e hai fases. Intentamos que neses momentos diferentes poidamos ter solucións diferentes para facerlle dano ao rival. Houbo un momento no que emparellamos a última liña un contra un con xogadores do talento de Abde, Antony, do Cucho; despois Riquelme, Isco... Tes que ter unha estrutura capaz de soportar iso. Fomos quen de meter o equipo rival en campo contrario. O resultado tamén condiciona o rival. Na segunda parte interpretamos moi ben o que necesitaba o equipo. Os cambios déronnos ese punto de frescura que precisabamos. Estou contento co punto".

Parte médico de Marc Casadó

O RC Deportivo e SBL Education lanzan o Máster en Fútbol Data...

Resultados dunha fin de semana reducida en ANOSACANTEIRA femi...

O Fabril rabuña un punto en Lezama ante o Athletic Club B nun...

As Nosas regresaron esta noite á Coruña e adestran este luns ...

Os Nosos volven ao traballo este luns 21 de setembro ás 10:30...