Este sábado 16 de marzo, a peña deportivista A Moa de Ou Pindo organiza unha laconada popular, á que está previsto que acudan deportivistas de toda A Costa da Morte e membros da xunta directiva da Federación de Peñas.
Será a partir das 15.00 horas no Restaurante Dona Teresa en Lira. O prezo será de 5 euros para os membros da pena; e 20 euros para os acompañantes.
Os interesados poden inscribirse ata o mércores 13 na sede da pena A Moa, no Restaurante A Revolta de Ou Pindo.