RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Un partido once contra once foi a tarefa principal esta mañá de Vos Nosos

Un partido once contra once no campo 3 foi a tarefa principal do Dépor esta mañá en Abegondo.

Óscar Gilsanz aproveitou para ensaiar o plan de partido para o domingo 4 de maio ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) ante o Albacete Balompié, en encontro correspondente á 38ª xornada.

A xornada completouna unha activación con roda de pases e finalizacións.

Están con traballo personalizado Dani Barcia, Mella e Ximo Navarro; mentres que Gauto fai parte co grupo e parte co readaptador.

Alberto e Mardones foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Os Nosos adestraranse de novo mañá venres 2 de maio a partir das 11:00 en Abegondo.