RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Eddahchouri: "Creo moito nas miñas calidades, nos meus compañeiros, no sistema táctico que temos"

Zakaria Eddahchouri foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

Na súa primeira temporada en ABANCA-RIAZOR, afirmou que "creo moito nas miñas calidades, nos meus compañeiros, no sistema táctico que temos. Iso fai que sexa moito máis fácil xogar de dianteiro neste equipo. Estou moi contento de estar aquí, de axudar ao equipo".

Asegura estar "motivado" para a temporada que vén: "Temos que pensar que vimos de anos complicados. O ano pasado conseguiuse un éxito moi importante que foi o ascenso. Estou motivado para a próxima temporada e para dar a miña mellor versión".

Proponse nestes partidos que restan para concluír LaLiga Hypermotion "tentar loitar. Cada partido son 3 puntos e temos que tentar darlle alegrías a #ANOSAFORZA. Sempre hai obxectivos polos que loitar".

Así pois, pide ir "partido a partido, tentarlle darlle á afección o que merece, que é loitar polos 3 puntos. Por iso adestramos e traballamos duro".

A nivel individual, o dianteiro holandés confesa no Dépor sentirse "ben. O ambiente é bo, igual que cando cheguei. Sinto ben e todo vai ben".

Quere neste recta final "facelo o mellor posible, axudar ao equipo todo o que poida, semana a semana. Se consigo dar o mellor de min, estou satisfeito".

Con 4 goles anotados desde a súa chegada a ABANCA-RIAZOR o pasado mes de xaneiro, Eddahchouri subliña que "o meu obxectivo é sempre que podo axudar ao equipo. Se é con goles fantástico pero se non tamén dando goles ou axudando na presión, ou defendendo. Os goles non son a parte máis importante".

Todos eles en ABANCA-RIAZOR, cre que é unha mera coincidencia aínda que si apunta que a sensación de xogar no estadio "é moi boa co que nos apoia #ANOSAFORZA. Sinto máis arroupado, con máis enerxía".