RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓNJun 9, 2025

A Fundación RC Deportivo pecha a temporada na praia de Sabón cunha xornada de fútbol, inclusión e compromiso co medioambiente

A Fundación RC Deportivo celebrou a pasada fin de semana o seu evento de final de temporada na praia de Sabón (Arteixo), nunha xornada moi especial que combinou deporte, sustentabilidade e inclusión.

Grazas á plataforma WEDÉPOR, cuxa finalidade é a de reducir o impacto ambiental do ser humano nas nosas costas, mares e praias, expandindo a cultura de concienciación ambiental a toda a sociedade; e á Amarelle Academy Beachsoccer, levaron a cabo acciones de sensibilización, así como dinámicas educativas orientadas a promover o respecto e a protección das nosas praias. 

Ademais, este encontro serviu para introducir unha nova disciplina no proxecto da Fundación RC Deportivo: o fútbol praia adaptado á diversidade funcional.