RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor ultima en Abegondo, hoxe con finalizacións, o plan para recibir ao Granada CF e "tentar executalo"

O Dépor pasouse esta mañá ao campo 3 de Abegondo nunha nova sesión de traballo previa ao partido deste sábado 17 de maio ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion) ante o Granada CF.

Zakaria Eddahchouri, na sala de prensa, cre que "non temos que mirar se eles cambiaron de adestrador ou non. Xogamos once contra once. Temos que estudar ao rival, ter o noso plan e tentar executalo".

Óscar Gilsanz ultima o plan de xogo cos seus futbolistas, hoxe centrado fundamentalmente en evolucións ofensivas con finalizacións.

Dani Barcia, Jose Ángel, Mella e Ximo Navarro están con adestramento personalizado, con Gauto facendo tarefas co grupo.

O meta Brais Suárez foi o único representante de #ANOSACANTEIRA esta mañá.

Mañá venres o Dépor adéstrase ás 11:00 en Abegondo no último ensaio previo ao partido ante o Granada CF.