RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Para o equipo xogar en ABANCA-RIAZOR sempre é unha motivación especial"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de Abegondo que "o protagonismo das peñas e dos nosos afeccionados é capital sempre en cada partido, non só o Día das Peñas. Neste Club a participación e a achega de #ANOSAFORZA cada vez que xogamos en ABANCA-RIAZOR é máxima. Quizais mañá un pouco máis por ser o Día das Peñas, porque todos temos na cabeza que imos celebrar o 25 Aniversario do título de liga".

No entanto, advirte que "para o equipo xogar en ABANCA-RIAZOR sempre é unha motivación especial. Todos están a desexar chegar a ABANCA-RIAZOR e ter esas boas sensacións que sempre tivemos. É un bo momento para referendar con dous bos partidos seguidos en casa, que #ANOSAFORZA goce que llo ten merecido. Mañá é un día especial polas peñas pero para nós #ANOSAFORZA sempre fai de ABANCA-RIAZOR un día especial".

O técnico deportivista lembra que "todos somos profesionais. Sabemos que independentemente dos obxectivos grupales en canto a obxectivos clasificatorios sempre hai a capacidade para competir. Eu non entendo o fútbol sen competir. Seguimos esixindo aos xogadores ao máximo cada día, en cada adestramento. De cara ao partido exactamente igual", en referencia á visita do Granada CF mañá sábado 17 de maio ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).

Indica que "a competición non é só competir contra rivais senón contra nós mesmos, e sacar a mellor versión de cada un. E iso é o que pedimos". "Somos competitivos sempre e queremos seguir sendo", conclúe Óscar Gilsanz.