Os Nosos, "ao máximo" nas visitas de Córdoba CF e Málaga CF a ABANCA-RIAZOR nos próximos 5 días
O Dépor encara un dobre compromiso ligueiro en ABANCA-RIAZOR nos próximos 5 días, coa visita do Córdoba CF este martes 31 de marzo ás 20:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) e do Málaga CF o sábado 4 de abril ás 18:30 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).
O empate do pasado sábado no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini', cuxas mellores imaxes podes ver ao pé destas liñas, deixou a Os Nosos en 3ª posición con 56 puntos, por detrás da UD Almería (2º con 58) e do Real Racing Club (líder con 59).
Arnau Comas admite que "son moitos partidos nunha semana pero temos un cadro moi longo e moi completo. Hoxe (polo sábado 28) viuse. Fixemos cambios e todo o mundo que saía, que estaba a xogar menos, fixo un gran partido. Iso é importante para dar descanso a xogadores que estaban a xogar máis e oportunidades a outros".
Pola súa banda, Dani Barcia pide "ir ao máximo para tentar levar os 3 puntos en cada partido".
Antonio Hidalgo disporá de 4 adestramentos desde esta tarde para preparar ambos os encontros, con esta planificación:
Luns 30 de marzo 17:00 h.
Martes 31 de marzo 20:00: Deportivo - Córdoba CF, en ABANCA-RIAZOR
Mércores 1 de abril 11:30 h.
Xoves 2 de abril 10:30 h.
Venres 3 de abril 10:30 h.
Sábado 4 de abril 18:30: Deportivo - Málaga CF, en ABANCA-RIAZOR