RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas de público para o partido ante o Granada CF deste sábado 17 de maio ás 16:15 en ABANCA-RIAZOR

Están á venda as entradas de público para o partido ante o Granada CF do sábado 17 de maio ás 16:15 horas correspondente á xornada 40ª de LaLiga Hypermotion.

Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior (necesario ser abonado desta bancada), Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD de luns a venres co seguinte horario: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.