Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 8 de marzo ás 21:00 fronte ao Granada CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 29ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres 6 marzo de 9:15 a 14:30.
Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.
Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria para o Dépor ABANCA - FC Barcelona do domingo 15 de marzo ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR
ENTRADAS
Á venda na OAD este xoves até as 13:30 para abonados as entradas que faltan por vender para o partido ante a Real Sociedad B
ENTRADAS
Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abren este sábado 21 de febreiro a partir das 13:15
ENTRADAS
Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Fabril - CD Numancia de Soria do domingo 22 de febreiro ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
ENTRADAS
