Xa están á venda as entradas para o partido do luns 20 de abril ás 20:30 fronte ao CD Mirandés en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 36ª xornada en LaLiga Hypermotion.
Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:00.
Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.
Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.
Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.
Entradas (gratuítas e obrigatorias para socios e socias) para o Dépor ABANCA B - Atlético Villalonga FF do sábado 11 ás 19:00 no campo Arsenio Iglesias
ENTRADAS
Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor abren este sábado 4 desde as 15:30 só para incidencias
ENTRADAS
Esgotadas as localidades para o Málaga CF, só hai entradas dispoñibles dos abonados e abonadas que liberen o seu asento
ENTRADAS
O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita á SD Huesca do domingo 12 de abril ás 16:15
ENTRADAS
