RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

A localidade pontevedresa de Silleda xa conta coa súa peña deportivista

Esta semana naceu na localidade pontevedresa de Silleda unha nova peña deportivista, situada no Bar Debibian.

Presidida por Olivier García, o acto de inauguración estivo apadriñado polos futbolistas Germán Parreño, Charlie Patiño, Patrícia Hmírová e Olaya Enrique.

Ademais dos discursos protocolarios, houbo firma de autógrafos e fotos con todos os peñistas nunha tarde de marcado carácter deportivista.

A peña deportivista de Silleda únese ás xa formadas esta temporada como A Gándara en Narón; Ave César en Corcubión; Callos Fans, Pou Monte Alto, Nabizas, Mar de Fora, Rubio, Karallada e Irmandade Branquiazul, todas elas na Coruña; e a Peña Deportivista NamasDÉ Nepal, a 8.200 kilómetros de ABANCA-RIAZOR.