RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A principal Avenida de Moeche chamarase Deportivo da Coruña

O Real Club Deportivo da Coruña continúa recibindo homenaxes en toda Galicia. Así, o Concello de Moeche decidiu que unha das súas principais avenidas reciba o nome de Avenida do Real Club Deportivo da Coruña. Nos próximos días terá lugar a inauguración

Na súa carta dirixida ao Presidente deportivista, o Alcalde de Moeche afirma que "os que estivemos co Dépor, mesmo en Terceira División, queriamos con este acto agradecer a vostede e ao club que representa o noso agradecemento en nome dun concello pequeno desta nosa Galicia".
Esta avenida Real Club Deportivo da Coruña é unha mostra máis do recoñecemento que toda Galicia mostra cara á entidade deportivista, un club que posúe a Medalla de Ouro de Galicia, a Medalla de Ouro da Universidade da Coruña e que agora ve referendada a súa traxectoria con esta nova homenaxe en Moeche, unha localidade que dista case un centenar de quilómetros da Coruña. Hai poucos días, tamén a Federación de Comercio da Provincia da Coruña agradeceu por carta ao Real Club Deportivo todo o que realizara polo comercio de toda a Provincia.