RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A Radio Galega distingue esta noite nunha gala ao Real Club Deportivo polo seu Centenario

A Radio Galega distinguirá esta noite no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela ao Real Club Deportivo polo seu Centenario. O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, ten previsto asistir ao evento.

O Conselleiro Francisco Dopico representará á entidade, nuns Premios, denominados Galicia en Goles 2006-07, nos que tamén están nomeados Arizmendi e Capdevila ao mellor xogador dos equipos galegos de Primeira División; e Arizmendi e Iago ao mellor gol da tempada. Por outra banda, Fabricio recollerá o Trofeo Zamora de Terceira División e os tamén fabrilistas Iván Pérez e Alex optan ao galardón ao mellor futbolista de Terceira.