Xa está en marcha o DéporCampus Cabreiroá 2025 en Silleda, que este ano alcanza a súa 6ª edición.
O acto de presentación desta sede desenvolveuse no concello.
Asistiron Paula Fernández, Alcaldesa de Silleda; Mónica González, Concelleira de Deportes; Ángela Troitiño, Concelleira de Educación; Alejandro Vidal, Responsable da Fundación RC Deportivo; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.
A actividade, en colaboración coa EF Silleda e a SD Bandeira, será nunha única quenda do luns 14 de xullo ao venres 18.
O prazo de inscrición para esta sede en deporcampus.rcdeportivo.es está aberto até o 8 de xullo ás 14:00.
Silleda é un dos 19 emprazamentos distribuídos ao longo das 4 provincias galegas que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega a través da Fundación.
Últimas horas para inscribirse en Terras de Maside, Sarria e Lugo
Tamén está aberto o prazo de inscrición en deporcampus.rcdeportivo.es para o resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para Bertamiráns, o Colexio Santa María del Mar e Abegondo, xa esgotados.
Hoxe martes 17 de xuño ás 14:00 pechan as sedes de Terra de Maside, Sarria e Lugo.
Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.
Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son as localizacións da actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.
Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.
Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.
Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.
Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.