RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
En marcha o DéporCampus Cabreiroá 2025 en Silleda

FUNDACIÓN · 17 XUÑO 2025

EN MARCHA O DÉPORCAMPUS CABREIROÁ 2025 EN SILLEDA

Xa está en marcha o DéporCampus Cabreiroá 2025 en Silleda, que este ano alcanza a súa 6ª edición.O acto de presentación desta sede desenvolveuse no concello.Asistiron Paula Fernández, Alcaldesa de Silleda; Mónica González, Concelleira de Deportes; Ángela Troitiño, Concelleira de Educación; Alejandro Vidal, Responsable da Fundación RC Deportivo; e Sergio Maurente, Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo.A actividade, en colaboración coa EF Silleda e a SD Bandeira, será nunha única quenda do luns 14 de xullo ao venres 18.O prazo de inscrición para esta sede en está aberto até o 8 de xullo ás 14:00.Silleda é un dos 19 emprazamentos distribuídos ao longo das 4 provincias galegas que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega a través da Fundación.Últimas horas para inscribirse en Terras de Maside, Sarria e LugoTamén está aberto o prazo de inscrición en para o resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para Bertamiráns, o Colexio Santa María del Mar e Abegondo, xa esgotados.Hoxe martes 17 de xuño ás 14:00 pechan as sedes de Terra de Maside, Sarria e Lugo.Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son as localizacións da actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en , onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a [email protected] cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/ais nos que está interesado.