RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A sorte está botada:<br>Manchester, Olympiakos e Lille

O Deportivo xa coñece que equipos serán os seus rivais na primeira fase de UEFA Champions League. O Manchester, o Olympiakos e o Lille forman xunto ao Deportivo o Grupo G. O primeiro encontro do Deportivo será o 12 de setembro en Francia ante o Lille.

A sorte deparou que o Deportivo se enfronte a un conxunto francés, un inglés e outro grego.

Os Grupos A, B, C e D xogarán a primeira xornada o 11 de setembro. Os outros catro o día 12. Os grupos quedaron constituídos do seguinte modo:

Grupo A
Real Madrid
Roma
Lokomotiv
Anderletch

Grupo B
Liverpool
Borussia
Dinamo Kiev
Boavista

Grupo C
Arsenal
Mallorca
Schalke 04
Panathinaikos

Grupo D
Lazio
Galatasaray
PSV
Nantes

Grupo E
Juventus
O Porto
Rosenborg
Glasgow

Grupo F
Barcelona
Olympique Lyon
Bayern Leverkusen
Fenerbahce

Grupo G
Manchester
Deportivo
Olympiakos
Lille

Grupo H
Bayern
Spartak Moscova
Feyernoord
Sparta Praga

Cabe lembrar que os bombos estaban integrados por oito equipos en función do seu coeficiente UEFA.

Bombo 1:
Bayern Munich
Real Madrid
Manchester United
Barcelona
Lazio
Juventus
Arsenal
Liverpool

Bombo 2:
Borussia Dortmund
Galatasaray
O Porto
Roma
Olympique Lyonnais
Deportivo
Spartak Moscova
Real Mallorca

Bombo 3:
Schalke 04
Bayer 04 Leverkusen
Dinamo Kiev
Lokomotiv Moscova
Rosenborg
Feyenoord
PSV Eindhoven
Olympiakos

Bombo 4:
Nantes
Anderlecht
Sparta Praga
Panathinaikos
Boavista
Celtic
Fenerbahce
Lille

A primeira fase disputarase como unha liguiña clasificándose 16 conxuntos (1º e 2º de grupo) para a fase seguinte.

O Forum Grimaldi de Mónaco foi o escenario do sorteo e Manuel Montiel e Luís Sánchez Doporto foron os representantes do Deportivo.