O presidente da Valencia Club de Fútbol Jaime Ortí, compareceu en rolda
de prensa na Cidade Deportiva de Paterna, para explicar a iniciativa
que vai levar a cabo o seu club, aproveitando a visita do Deportivo a Mestalla,
coa que se pretende apoiar o co
A nosa entidade quere axudar da mellor
maneira posible a este pobo, e busca colaborar estreitamente co Deportivo,
máis aló das axudas de índole económico que se poidan dar, loitando contra
o suposto rexeito psicolóxico que se poida ter ao consumir nestas datas
os produtos da súa terra. Cremos que máis que axuda económica, o que
necesitan os galegos é que se manteña a confianza nos seus produtos, sobre todo
agora que chegan unhas datas tan entrañables como o nadal, e que a
poboación siga demandándoos xa que todos os bens de denominación galega
que se poidan importar a calquera lugar, están en perfecto estado?.
Ortí tamén destacou as boas relacións que manteñen ambas as entidades,
e que se pon de manifesto nesta fermosa iniciativa. ?Somos dous clubs
unidos por moitas razóns. Rebelámonos conxuntamente contra o monopolio
que existía no noso fútbol, grazas á participación de dúas afeccións moi
vivas que souberon superar todas as limitacións que habemos ido atopando.
O mellor exemplo foi o último ano, onde nós conseguimos a liga e
eles a Copa do Rei?. A difusión da mensaxe de apoio aos produtos
galegos realizarase mediante un panel publicitario xunto ao que pousarán os
dous equipos e que se converterá na foto oficial do partido. Ademais, para
promocionar esta campaña, reserváronse os espazos publicitarios da
zona mixta, onde falan os xogadores tras o partido, e o micrófono da
sala de prensa na que comparecen os dous adestradores.
Por último o presidente convidou ao ex xogador da Valencia Club de Fútbol
José Francisco Molina, actualmente nas filas do Deportivo da Coruña,
para que estea o domingo Mestalla. ?En nome da Valencia Club de Fútbol convidei
a Molina ao noso estadio o vindeiro domingo. Aos poucos está
a superar os problemas que agora sofre, e cremos que, pola súa condición de valenciano
e porque xoga no Depor, é o mellor nexo de unión que entre os
dous pobos?.