RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas de público para os partidos en ABANCA-RIAZOR ante o CD Castellón e CD Mirandés

Siguen á venda as entradas de público para os partidos en ABANCA-RIAZOR do xoves 19 de decembro ás 21:15 fronte ao CD Castellón, correspondente á 20ª xornada; e do domingo 22 de decembro ás 21:00 fronte ao CD Mirandés, correspondente á 21ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Os prezos oscilan entre os 120 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 euros de Marathón Superior, Marathón Inferior, Pavillón Superior e Pavillón Inferior. 

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es e na OAD co seguinte horario de luns a venres: de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos, en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR, nesta ligazón.