RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A Cidade Deportiva de Abegondo acolle este domingo 20 de abril a segunda xornada de 'A Nosa Champions'

A Cidade Deportiva de Abegondo será a sede este domingo 20 de abril da segunda xornada de 'A Nosa Champions', unha nova competición de fútbol inclusivo creada pola Federación Galega de Fútbol.

A Fundación RC Deportivo será a organizadora desta nova xornada de convivencia e fútbol, coa participación do Dépor Genuine, Racing de Ferrol, SR Calo A, SR Calo B, Racing Villalbés e Celta Integra.

Os Nosos quedaron encadrados no grupo A, co Racing de Ferrol e o SR Calo A.

O calendario de partidos dos branquiazuis é o seguinte:

10:00: DÉPOR GENUINE - RACING DE FERROL
10:45: SR CALO A - DÉPOR GENUINE

Segundo clasificación, os equipos pasan a disputar un partido máis da segunda fase contra os conxuntos do outro grupo.

'A Nosa Champions' non ten afán competitivo e o seu obxectivo é que persoas con discapacidade intelectual poidan xogar ao fútbol e gozar dunha xornada de deporte e convivencia.

O pasado 24 de marzo, o Dépor Genuine participou na primeira sede en Calo.