RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación presenta o proxecto do Dépor Genuine á comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Agolada

A RC Deportivo Fundación celebrou no CEIP Plurilingüe Agolada unha enriquecedora charla informativa para presentar o proxecto Dépor Genuine.

Durante o encontro, Álex Espiñeira, técnico do equipo, e Xosé Marquina, un dos seus integrantes, expuxeron os obxectivos, valores e liñas de traballo desta iniciativa, enmarcada na competición LaLiga Genuine e orientada a promover a inclusión, o deporte e o desenvolvemento persoal de persoas con discapacidade intelectual.

Os representantes da RC Deportivo Fundación detallaron aos alumnos e alumnas de primeira e secundaria do centro educativo pontevedrés o funcionamento do proxecto, as posibilidades de participación e o impacto social que se busca xerar. 

Ademais, abriuse un espazo de diálogo no que os asistentes puideron expor preguntas e compartir as súas impresións.

A Fundación RC Deportivo quere agradecer a implicación e o interese mostrados por toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Agolada, que contribuíu a facer desta xornada un encontro enriquecedor e motivador.