RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Listaxe de participantes na Bancada Solidaria do Dépor - Real Sociedad B

A RC Deportivo Fundación, de cara ao encontro do Deportivo deste sábado 13 de decembro (21:00) fronte á Real Sociedad B, reactivou a Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR, unha iniciativa na que cada partido destina unha ampla cota de entradas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade.

Atendendo á política de transparencia e Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do RC Deportivo e da súa Fundación, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria, que son para este partido as seguintes: ACCEM (Axuda ás persoas en exclusión social), Fundación ADCOR, ASEM (Asociación contra as Enfermidades Neuromusculares), Asociación Antonio Noche, Cáritas Diocesanas, CASCO (Comité Cidadano Antisida da Coruña), ASPRONAGA, Fundación Érguete Integración, Fundación Nortempo e Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

Para solicitar entradas para a Bancada Solidaria, limitadas a 10 por asociación, o formulario está dispoñible nesta ligazón.