RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

A RC Deportivo Fundación e o club montenegrino FK Sutjeska intercambian experiencias

No marco da expedición internacional da Fundación RC Deportivo a Montenegro, os representantes da RC Deportivo Fundación tiveron a oportunidade de coñecer de preto o traballo dun club da Primera División do país balcánico, o FK Sutjeska, unha das entidades con maior tradición do fútbol montenegrino e con ampla experiencia en competicións europeas.

Alex Espiñeira, coordinador de Proxectos Internacionais; e Lucía Otero, coordinadora de Proxectos Sociais, visitaron as súas instalacións e viviron en directo un partido da máxima categoría do país.

Durante a xornada, os representantes da RC Deportivo Fundación reuníronse con Marko Djokovic, directivo do club, co que intercambiaron impresións e experiencias sobre a xestión deportiva e o desenvolvemento do fútbol a nivel profesional.

Estas visitas forman parte das mobilidades internacionais desenvolvidas a través do programa Erasmus+, reforzando o intercambio de coñecemento e as relacións institucionais do RC Deportivo no ámbito internacional.