RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Segunda xornada da RC Deportivo Fundación no proxecto Erasmus+ 'One Team, Non Limits'

A RC Deportivo Fundación segue avanzando no proxecto Erasmus+ One Team, Non Limits, cofinanciado pola UE, coa celebración dun segundo encontro na Cidade Deportiva da Torre.

Esta xornada, da man do Dépor Genuine, consolida un espazo onde o fútbol se converte en motor de inclusión, aprendizaxe e convivencia.

Demostrouse ademais que o deporte é moito máis que competición: é participación, compañeirismo e respecto. 

A través de dinámicas inclusivas e metodoloxías adaptadas, o obxectivo é construír unha contorna onde cada persoa ten o seu lugar dentro e fóra do campo.

Este segundo evento reforza o compromiso do RC Deportivo cun modelo de fútbol accesible, igualitario e sen barreiras, no que o traballo en equipo e a diversidade son nosa maior fortaleza.

A RC Deportivo segue sumando experiencias, crecendo xuntos e demostrando que cando xogamos como un só equipo, non hai límites.