RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Á venda as entradas para o Dépor - Cádiz do domingo 4 de xaneiro ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 4 de xaneiro ás 21:00 fronte ao Cádiz CF en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 20ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Pódense adquirir en calquera momento a través de ticketing.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario este venres 2 de xaneiro: de 9:15 a 14:30.

Os prezos das localidades serán a partir de 35 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.