RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Álvaro Ferllo confesa que o seu debut foi "agridoce" e Mella, que "estamos un pouco descontentos"

Álvaro Ferllo e David Mella pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O porteiro rioxano, na noite do seu debut coa camiseta do Deportivo, márchase cunha sensación "agridoce. Por unha banda feliz polo meu debut. Levaba tempo sen xogar, moitos meses de traballo na sombra que ninguén o ve, preparándome para cando chegase unha oportunidade como esta. Chegou e por esa parte moi feliz".

Pero apunta que "tal e como foi o devir do partido, aquí en ABANCA-RIAZOR; e mirando o obxectivo que nos obriga a gañar cada partido, fai que a sensación non sexa tan boa. Foi un gol no últimos minutos, ademais evitable. Corrixirémolo".

Pensa que "se conseguimos ser fiables atrás imos conseguir grandes cousas".

Álvaro Ferllo destaca que #ANOSAFORZA "apertou até o final. Mesmo cando chegou o empate seguiron empuxando. Iso é fundamental se queremos que os equipos rivais sintan que isto é un inferno. Animar á xente a que o siga facendo así".

Pola súa banda, David Mella confesa que estamos "un pouco descontentos porque non tiveron moitísimas ocasións e metéronnos dous goles. Un por falta de concentración a balón parado e outro por unha contra. Estamos descontentos pero cabeza arriba e a seguir para o seguinte partido".

O canteirán, autor do primeiro tanto do partido, cre que "en liñas xerais fomos algo mellores. Pegamos un pequeno baixón ao final da segunda parte. Estou contento polo gol pero non tanto polo empate porque a min o que máis me importa é o colectivo".

Finalmente referiuse a Altimira, outro dos debutantes, e compañeiro en banda dereita: "Fai un partidazo. Se xoga así todos os partidos, é un gustazo xogar con el".