RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor regresa aos oitavos de Copa despois de 9 anos coa visita do Atlético de Madrid a ABANCA-RIAZOR

O Dépor medirase ao Atlético de Madrid nos oitavos de final da Copa del Rey, cuxo sorteo se celebrou no salón Luis Aragonés da Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A eliminatoria, a partido único, disputarase en ABANCA-RIAZOR o 13, 14 ou 15 de xaneiro de 2026.

A última vez que o conxunto que dirixe Cholo Simeone pisou #ANOSACASA foi o 2 de marzo de 2017 en Primera División. O encontro acabou en empate (1-1).

Precisamente esa temporada, a 2026-17, tamén foi a última ocasión na que Os Nosos asomáronse aos oitavos de final da Copa. O Deportivo Alavés foi o verdugo nunha rolda que se liquidou polo valor dos goles dobres en campo contrario: 2-2 en ABANCA-RIAZOR (3 de xaneiro) e 1-1 en Mendizorroza (11 de xaneiro).

Na presente edición copeira, o conxunto de Antonio Hidalgo eliminou á UD Sámano (1-4), CE Sabadell FC (0-2) e RCD Mallorca (1-0).

Pola súa banda, o Atlético, que disputa estes días a Supercopa de España e que marcha actualmente en 4ª posición na liga con 38 puntos, superou na pasada eliminatoria ao Atlético Baleares por 2-3.

Diego Villares: "Estamos ilusionados por esta nova eliminatoria"

Diego Villares, capitán do Dépor, manifestou que "calquera rival que nos podía tocar ía ser difícil. Nós estamos ilusionados por esta nova eliminatoria. Despois de que pase este partido ante a UD Las Palmas porémonos a preparalo".

O mediocentro branquiazul, sobre o equipo colchoneiro, lembra que "levan moitos anos sendo top 3 a nivel nacional. Ten estrelas a nivel mundial. É un rival difícil".