RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Villares comeza a facer tarefas co grupo nunha xornada de recuperación física para o Dépor

Diego Villares comezou este mércores 1 de abril a facer tarefas co grupo nunha mañá de recuperación para Os Nosos no Dépor Training Center.

O capitán deportivista pasou a continuación a traballar co readaptador Nando Rodríguez.

Antonio Hidalgo afirmou na rolda de prensa pospartido que "imos ver a súa evolución de cara ao sábado".

Os titulares onte ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR realizaron carreiras no céspede, e pasaron a continuación ao ximnasio e á sala de fisioterapia.

Para os demais, incluídos os fabrilistas Bil e Noé, houbo ademais uns rondos, un xogo de duelos e fútbol reducido.

Este xoves 2 de abril Os Nosos continuarán ás 10:30 no Dépor Training Center a preparación de primeiro partido partido de liga do mes de abril, ante o Málaga CF en ABANCA-RIAZOR previsto para o sábado 4 ás 18:30, retransmitido en directo por LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas.