RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "É unha gozada cando ABANCA-RIAZOR empeza a empuxar"

Antonio Hidalgo destacou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR após a vitoria ante o Córdoba CF "os vinte e cinco mil e pico espectadores que viñeron. É unha gozada cando ABANCA-RIAZOR empeza a empuxar, cando empeza a vivilo. Necesitámoslles o sábado, un partido contra un rival directo", en referencia ao choque ante o Málaga CF ás 18:30. 

O técnico deportivista mostrouse "convencido que o sábado ABANCA-RIAZOR estará cheo, empuxará como hoxe (por onte). É unha pasada ver ao estadio nese momento, nesa éxtase que está agora. Empúxanos moitísimo sobre todo cando o Córdoba CF empuxounos na segunda parte".

En resposta ás palabras de Iván Ania, técnico cordobesista, que afirmou sobre o Dépor que é capaz de xogar como un equipo grande pero tamén ten a capacidade de xuntarse e de xogar como un equipo pequeno, Antonio Hidalgo advirte que "hoxe en día tes que ser capaces de controlar as diferentes facetas. Hai momentos que tes que atacar, momentos que tes que defender, hai que aceptar que rivais como o Córdoba CF métenche moitísima xente dentro da área e o que estamos a ver é que o xogador do Dépor está entregado a iso. Sabe que hai que xuntarse, defender iso".

O adestrador branquiazul tamén fala "de paso adiante con balón que, sobre todo na primeira parte, estivemos moi finos".

Finalmente Antonio Hidalgo, máis que a situación na clasificación, subliña que "o máis importante é sumar de 3, ir sumando os puntos necesarios para seguir loitando na parte alta".