RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo insiste en "seguir tendo unha humildade grande"

Antonio Hidalgo asegurou na sala de prensa do Dépor Training Center que "necesitamos a #ANOSAFORZA, que nos empuxe, que nos axude neses momentos de dificultade cando o futbolista máis o necesita".

Neste sentido, advirte que "nos últimos partidos sentimos ese empuxe, ese recibimento. Dános esa seguridade, ao futbolista dálle moitísima confianza".

O técnico deportivista insiste en "seguir tendo unha humildade grande, indo ao límite, ao detalle como sempre imos; sabendo que vén un rival da parte alta, un enfrontamento directo contra outro equipo que quere loitar polo mesmo que nós".

Precisamente do Málaga CF, rival este sábado 4 de abril ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), subliñou que "é un dos equipos máis en forma deste último tramo, con moito dinamismo, con moito talento, con moito desborde".

Engade sobre o conxunto andaluz que "quere atraerche, montando moita xente a última liña. Tes que estar moi axustado. Están a ser moi valentes, atrevidos, nese momento de forma moi grande. Están nesa posición na parte alta por méritos propios".