RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Sergio Escudero completou a sesión ás ordes dun Antonio Hidalgo "en constante análise para sacar o máximo rendemento ao cadro"

O Dépor comezou este mércores 7 de xaneiro unha nova semana de competición.

A novidade protagonizouna Sergio Escudero, que completou o adestramento sen ningún tipo de restricións por primeira vez.

Con Ximo Navarro na recta final para o seu regreso ás convocatorias, toda o primeiro cadro, ademais dos fabrilistas Samu e Bil, estivo sobre o céspede dos campos 2 e 3.

Fernando Soriano, Director de Fútbol, lembrou "a dificultade de LaLiga Hypermotion. Hai veces que ganas 5 partidos seguidos e agora por resultados non estamos a conseguir o que queremos".

No entanto, opina que ante o Cádiz CF "fomos en moitos momentos superiores e non puidemos concretar ese bo xogo en máis ocasións para coller máis distancia e sentenciar o encontro".

Antonio Hidalgo dispuxo após unha activación, un xogo de posición, unha tarefa táctica e fútbol en espazo reducido.

"O míster está en constante evolución, análise para tentar sacar o máximo rendemento ao cadro. Sabemos a calidade que hai, os momentos polos que pasan todos os equipos ao longo da temporada", comentou Fernando Soriano.

Este xoves 8 de xaneiro Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.