RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Éxito do Dépor Knowledge Days, un punto de encontro no Dépor Training Center para a aprendizaxe e a innovación

DÉPOR · 7 XANEIRO 2026

ÉXITO DO DÉPOR KNOWLEDGE DAYS, UN PUNTO DE ENCONTRO NO DÉPOR TRAINING CENTER PARA A APRENDIZAXE E A INNOVACIÓN

O Dépor Knowledge Days pechou esta primeira edición cun balance moi positivo, confirmándose como unha iniciativa que reforza a aposta do Club pola formación, o intercambio de coñecemento e a innovación como alicerces de crecemento dentro e fóra do terreo de xogo.Ao longo das xornadas, profesionais de diferentes ámbitos do Club como Miguel Figueira, David Vidal, Álex Carballo, Nacho González Zas, Toño Ventura ou Alberto Suárez compartiron a súa experiencia en sesións centradas na xestión deportiva, a tecnoloxía, a comunicación, a sustentabilidade e o desenvolvemento do talento, nunha contorna participativa que favoreceu o diálogo e a aprendizaxe práctica.A alta participación reflicte o interese que esperta este tipo de propostas, que conectan ao RC Deportivo coa súa contorna social, empresarial e educativa; e fortalecen o seu papel como axente activo na xeración de oportunidades e coñecemento.Con esta edición, o Dépor Knowledge Days dá un novo paso na súa consolidación como espazo de referencia, coa mirada posta en seguir crecendo e ofrecendo contidos de valor en futuras edicións, sempre co obxectivo de achegar ao desenvolvemento do deporte e da sociedade desde os valores do Deportivo.