
DÉPOR FABRIL · 2 MAIO 2026
UN FABRIL "INTENTANDO SER ESIXENTE" PECHA A TEMPORADA ESTE DOMINGO 3 DE MAIO ÁS 12:00 COA VISITA A UN REAL ÁVILA CF QUE SE XOGA O PLAY OFF DE ASCENSO
El Fabril pon o punto e final a unha temporada histórica este domingo 3 de maio ás 12:00 no Estadio Adolfo Suárez ante o Real Ávila CF.O filial, campión de liga e ascendido a Primera RFEF hai varias xornadas, chega a este último choque con 69 puntos.Manuel Pablo admite que o equipo non ten "a presión de conseguir resultados pero intentando ser esixentes".Son baixa os lesionados Damián Canedo, Manu Ferreiro, Jaime Garrido, Hugo Ríos, Aarón, Quique Teijo e Pablo Cortés.Ademais, Noe e Bil están en dinámica do primeiro equipo.Precisamente sobre o mediapunta santiagués, autor do gol do triunfo do Dépor ante o CD Leganés este venres 1 de maio, o técnico fabrilista cre que "medrou moito nos últimos anos. Estou enfadado con el porque con nós non chuta desde fóra da área. E mira que lle esiximos moito pero el, con esas conducións, vese superior e quere chegar case ata o porteiro".Incide en que "leva anos progresando e é importante que se sinta participativo. É unha alegría para ANOSACANTEIRA, para o primeiro equipo, para todos".Pola súa banda, o Real Ávila CF, que a pasada fin de semana foi goleado (4-1) polo Rayo Cantabria, loita polos postos de play off: ten 50 puntos na 6ª posición, os mesmos que o CD Numancia de Soria, 5º.Na primeira volta disputada no campo Arsenio Iglesias o pasado 21 de decembro gañou o Fabril (2-1), con goles de Dipanda e Domínguez.No Estadio Adolfo Suárez esta tempada o Real Ávila CF gañou ao Bergantiños CF (2-1), CD Lealtad de Villaviciosa (1-0), UD Sámano (3-2), Burgos CF Promesas (3-2), Coruxo FC (2-1), Marino de Luanco (2-1) e Gimnástica Segoviana CF (2-1); empatou co Oviedo Vetusta (1-1), CD Numancia de Soria (0-0), Real Valladolid Promesas (2-2), Rayo Cantabria (3-3) e SD Sarriana (0-0); e caeu co UD Ourense (0-2), Atlético Astorga FC (2-4), Salamanca CF UDS (1-2) e UP Langreo (1-2).O conxunto abulense dedicou o encontro á súa canteira e os futbolistas fixeron un chamamento á súa afección nas redes sociais do club para que acuda ao encontro porque "cando a bancada aperta, somos moito máis fortes".

Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...