RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
O Dépor ABANCA arrinca o último mes de liga este domingo 3 de maio en ABANCA-RIAZOR cun partido de "dificultade extrema" fronte a unha Real Sociedad que busca a Champions

DÉPOR ABANCA · 2 MAIO 2026

O DÉPOR ABANCA ARRINCA O ÚLTIMO MES DE LIGA ESTE DOMINGO 3 DE MAIO EN ABANCA-RIAZOR CUN PARTIDO DE "DIFICULTADE EXTREMA" FRONTE A UNHA REAL SOCIEDAD QUE BUSCA A CHAMPIONS

O Dépor ABANCA inicia o mes de maio este domingo 3 ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR ante a Real Sociedad, en partido correspondente á 27ª xornada en Liga F.Os resultados da última xornada, co empate ante o Alhama CF, deixaron As Nosas na 12ª posición con 27 puntos.O equipo, que segue coa baixa de Millene Cabral, recupera a Yohana, xa restablecida da súa lesión muscular.Pola contra, desvelou Fran Alonso na súa comparecencia ante os medios que esta semana "Vera tivo unhas molestias. Probablemente non entre na convocatoria pero chegará ben á semana que vén".O técnico deportivista asegura que o vestiario afronta o choque "con moita ilusión. É emotivo enfrontarte a rivais da parte alta da táboa, sobre todo en ABANCA-RIAZOR".Ademais, subliña que "traballamos toda a semana para tentar gañar os 3 puntos para ANOSAFORZA. A Real só perdeu 1 partido no que vai de ano, así que a dificultade é extrema. Temos moita confianza no grupo".

20260502_mayoabanca.png

Pola súa banda, a Real Sociedad, que a pasada fin de semana venceu por 2-0 ao Madrid CFF, é 3ª con 57 puntos e chega a ABANCA-RIAZOR coa intención de certificar a súa clasificación para a Champions League.No partido da primeira volta, disputado en Zubieta o pasado 14 de decembro, venceron por 3-0 as donostiarras.Ambos equipos tamén se viron as caras nos oitavos de final da Copa de la Reina en ABANCA-RIAZOR o pasado 21 de decembro. Tamén gañaron as realistas por 1-4. "Fixemos un bo partido. Co 1-2 tivemos ocasións para empatar. Edna foi moi diferencial e ao final non puidemos. Marchamos con moi boas sensacións", lembrou o preparador deportivista.En liga lonxe de Zubieta a Real Sociedad gañou ao DUX Logroño (0-1), FC Badalona Women (0-2), SD Eibar (0-3), RCD Espanyol (2-3), Sevilla FC (0-2), Athletic Club (0-2), Levante UD (0-1) e Alhama CF (1-5); empatou co Madrid CFF (2-2), Granada CF (2-2), Atlético de Madrid (5-5) e UD Costa Adeje Tenerife (1-1); e caeu co Real Madrid CF (1-0)."Está nun momento de forma espectacular e é favorito para meterse en Champions o ano que vén" advertiu Fran Alonso.O técnico realista, Arturo Ruiz, asegura que espera un partido "duro, cun rival cunhas características moi marcadas con e sen balón; e espero que as nosas características se impoñan ás do Deportivo ABANCA e que psicoloxicamente desenvolvamos mellor o partido ca elas".Advirte da "dificultade do partido e do rival que temos enfronte. Non é a primeira vez que xogamos nese estadio esta tempada. Aínda que temos bos recordos dese partido (en Copa de la Reina o pasado 21 de decembro) vai ser distinto, máis duro; pero a motivación, a ilusión e a unión levámolas por bandeira".Finalizado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o luns 4 de maio ás 10:45 no Dépor Training Center.

  • 20260502_evadiosespeybarth.jpg
  • 20260502_olaya.jpg
  • 20260502_espepizarro.jpg
  • 20260502_marisa.jpg
  • 20260502_crismartinez.jpg