ANOSACANTEIRA feminina volve á competición despois do parón do Nadal.
Todos os partidos xogaranse o domingo 11 salvo un deles o sábado 10.
O Orzán SD Cadete, 2º da Liga Galega con 25 puntos, enfróntase ao Victoria CF, líder con 27 puntos, ás 16:00 na Torre.
Xa o domingo, o Deportivo ABANCA B visita ao Atlético de Madrid C ás 12:00 na Cidade Deportiva Alcalá de Henares.
As branquivermellas avantaxan en 2 puntos ás branquiazuis.
No filial deportivista Antía Veiga regresa a próxima semana á selección española sub-17 para uns adestramentos. A gardameta foi titular no combinado nacional nos 3 partidos da recente Rolda 1 do Campionato de Europa.
En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21 tamén xoga fóra de casa, ás 17:00 en Boiro.
Neste equipo é Claudia Sande a que se incorporará a próxima semana á selección española sub-16 para unhas sesións de traballo en Las Rozas.
Completa a xornada o partido do Orzán SD Xuvenil ante a UD Carral (18:00 na Torre), o do Orzán SD Infantil A fronte ao Racing de Ferrol (12:30 na Torre) e o do Orzán SD Infantil B ante o AD Cristo Rey (12:00 no campo Leonardo Maceiras en Os Regos).
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
14ª xornada: ATLÉTICO DE MADRID C - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 na Cidade Deportiva Alcalá de Henares
Clasificación: ... 8. Atlético de Madrid C, 16 puntos; 9. Deportivo ABANCA B, 14 puntos; 10. Bizkerre Club, 13 puntos...
Tercera Federación
13ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 11 de xaneiro ás 17:00 no campo de Vista Alegre (Boiro)
Clasificación: ... 7. Tomiño FC Femenino, 15 puntos; 8. Orzán SD Sub-21, 14 puntos, 9. SD O Val, 13 puntos; 10. EFM Concello de Boiro, 10 puntos...
Primera Autonómica
13ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - UD CARRAL, o domingo 11 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: ... 14. UD Carral, 8 puntos; 15. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 16. Sárdoma CF B, 4 puntos
Liga Galega cadete
11ª xornada: ORZÁN SD CADETE - VICTORIA CF, o sábado 10 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación: 1. Victoria CF, 27 puntos; 2. Orzán SD Cadete, 25 puntos; 3. SCD Milagrosa e Racing de Ferrol, 21 puntos...
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 11ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - RACING DE FERROL, o domingo 11 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. Orzán SD Infantil A e Racing de Ferrol, 25 puntos; 3. Victoria CF, 21 puntos...
Grupo 2º, 11ª xornada: AD CRISTO REY - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 11 de xaneiro ás 12:00 no campo Leonardo Maceiras (Os Regos, Oleiros)
Clasificación: ... 4. UD Cerqueda, 17 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 16 puntos; 6. UC Cee, 13 puntos; 7. AD Cristo Rey, 10 puntos...
