RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín asegura que "crecemos en moitos aspectos" aínda que advirte que "podemos crecer moito máis"

Ainhoa Marín manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center nada máis recoller o Premio Estrella á mellor xogadora do mes de decembro que no 2026 "queremos mellorar a nivel de resultados. De cara ao ano pasado mellorar esa clasificación. É o principal obxectivo".

A atacante deportivista cre que "sen balón podemos ser máis agresivas, atoparnos fortes en ABANCA-RIAZOR. Con balón estamos a nos atopar mellor sobre todo en casa. Hai que ter confianza e atopar espazos nos que sintamos cómodas". 

Cre que o ano 2025 "foi bo. Crecemos en moitos aspectos. Podemos crecer moito máis".

Finalmente, do encontro deste domingo 11 de xaneiro ás 12:00 ante o UD Costa Adeje Tenerife Ainhoa Marín apunta que "co cambio de adestrador (Yerai Martín relevou a Eder Maestre a finais de 2025) non sabemos o que pode pasar. Creo que van seguir na mesma liña que os anteriores partidos. Espero a un rival con moita calidade. Teñen xogadoras moi boas. Os extremos gústanme moito. Tamén ten unha dianteira moi potente. Vai ser moi agresivo e con xogadoras de calidade que nos van a facer dano; pero estamos a traballar ben e creo que imos dar a cara".