RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

A vila de Ares convértese na capital do deportivismo

A vila coruñesa de Ares será desde mañana venres a capital do deportivismo, ao ser o escenario este añou da Asemblea anual da Federación de Peñas, organizada pola Peña Deportivista de Ares.  

Serán tres días, do 19 ao 21 de xullo, con actos de todo tipo, sempre co Dépor como pano de fondo. A Asemblea, o prato forte, será o domingo 21 de xullo ás 12.30 na Alianza Aresana. Será clausurada polo Conselleiro do Club, Francisco Dopico.
 

O programa completo é o seguinte:

VENRES - 19  
20:00h. Inauguración Exposición de Fotografías do R.C. Deportivo da Coruña. (Alianza Aresana). Visitas, sábado - 20 e domingo – 21, de 11:00h a 13:00h.
20:30h. Caravana anunciadora da Asemblea, percorrido por ARES. Saída desde as Alianzas.
21:30h. Remate no Hotel Vila de Ares (sede da Pena Aresana). Degustación de Petisco e Copa de Viño.
 
SÁBADO - 20  
10:30h. Futbol-8. Participación de distintas Penas do Depor. (Campo de fútbol de Prados Lanuxes).
14:00h. Actuación Banda de Gaitas.
15:00h. Comida de confraternidade.
17:30h. Entrega de Recordos.
19:00h. Fútbol Veteranos: Deportivo – Selección Ferrolterra. (Campo de fútbol de Prados Lanuxes)  
21:00h. Actuación Banda de Gaitas.
21:30h. Degustación: Mejillonada e Empanada.
22:30h. Actuación da Rondalla Trobadores. 23:30h. Actuación Musical DJS.
 
DOMINGO - 21
11:00h. Recepción e Firma no CONCELLO DE ARES, de Todas as Penas.
12:00h. Benvida da Banda de Gaitas aos Asembleístas na Alianza Aresana. E Acreditación de Penas.
12:30h. Asemblea da Federación de Penas, na Alianza Aresana.
14:00h. Actuación Banda de Gaitas.
15:00h. Comida de confraternidade.
19:00h. Entrega de Recordos e Clausura dos Actos.
 
FESTEXOS NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.
Carpa e palco instalados para estes eventos.


PENA DEPORTIVISTA DE ARES
Contacto: deporares@yahoo.es - 660582539