Olaya Rodríguez, deportivista até 2028, asegura que o Dépor ABANCA "desde que cheguei deumo todo, tanto futbolísticamente como polo grupo que tiñamos. As persoas achegaron todo para que puidese asentarme en Liga F que era un dos nosos obxectivos persoais".
Recalca que "a xente na Coruña, no Dépor, no staff é unha marabilla. É incrible tanto como Club e como cidade. É unha marabilla. Estou encantada e por iso tomei esta decisión".
Confesa que "o corpo técnico e o vestiario axudoume a tomar esta decisión. Tiñamos un grupo incrible de xogadoras, de persoas. Para tomar esta decisión de renovar e por tantos anos tíñame que sentir moi cómoda. Iso atopeino aquí. E teño ganas de que siga sendo todos estes anos".
Finalmente a atacante branquiazul asegura que esta fichaxe "é un paso moi importante na miña carreira. Teño algo dentro que me di que estou a facer as cousas ben, que esta decisión é a correcta. Teño ganas de ver que pasa todos estes anos; e de gozar co grupo e co staff do que fagamos".