
DÉPOR ABANCA · 2 XULLO 2025
A CENTRAL MERLE BARTH INCORPÓRASE AO DÉPOR ABANCA
A central alemá Merle Barth (Waldbröl, 21 de abril de 1994) convértese en nova xogadora do Dépor ABANCA para a temporada 2025-26.Chega procedente do Atlético de Madrid, recente clasificado para a UEFA Women's Champions League, club ao que se incorporou en 2022 e co que disputou 11 partidos na última campaña, cinco deles como titular.Un deses encontros foi, precisamente, o que enfrontou ao Dépor ABANCA co conxunto branquivermello en ABANCA-RIAZOR o pasado 16 de febreiro, e que finalizou con empate sen goles. Merle participou naquel partido entrando no minuto 76 en substitución de Xènia Pérez.Antes da súa etapa en España, a nova defensora branquiazul desenvolveu toda a súa carreira en Alemaña. Formouse e xogou durante dez temporadas no Bayer Leverkusen, e posteriormente militou no Turbine Potsdam, acumulando máis de 200 partidos na elite do fútbol alemán.

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...