RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na fanzone de Riazor

DÉPOR · 25 MAIO 2026

A CORUÑA ABRAZOU A OS NOSOS NUNHA MADRUGADA INESQUECIBLE NA FANZONE DE RIAZOR

Ás 4 da madrugada, cando unha cidade debería durmir, A Coruña seguía esperta agardando polos seus.Escoltado polas forzas de seguridade desde a saída do Estadio José Zorrilla, o autobús do RC Deportivo percorría a avenida de Manuel Murguía camiño de Riazor mentres dentro aínda resoaban as cancións, as risas e a emoción dunha viaxe que xa forma parte da historia do deportivismo. Porque durante eses 450 quilómetros entre Valladolid e A Coruña non viaxaba só un equipo: viaxaba o orgullo de toda unha afección.E alí estaba ANOSAFORZA. Milleiros de persoas desafiando o cansazo, a madrugada e o inicio dunha nova xornada laboral e escolar para abrazar a Os Nosos como merecen os heroes que fan soñar a toda unha cidade.Un a un, os futbolistas foron subindo ao escenario entre cánticos, bengalas de emoción e un sentimento imposible de describir.Xunto a eles, todo o staff técnico, compañeiros inseparables dun camiño cheo de esforzo e sacrificio.

20260525_riazor1.jpg

Os últimos aplausos quedaron reservados para Yeremay Hernández, envolto nunha bandeira canaria, e Diego Villares, coa bandeira do Dépor na cintura, dúas imaxes xa eternas para a memoria deportivista.O acto pechárono o conselleiro delegado Massimo Adalberto Benassi e o director de fútbol Fernando Soriano, baixo a mirada de satisfacción e inmensa ledicia do presidente Juan Carlos Escotet Rodríguez, do Consello de Administración e practicamente de todo o persoal do club, unidos nunha mesma celebración.O Dépor non é só un equipo. É unha familia, unha cidade e un sentimento que nunca dorme.

  • ferllo.jpg
  • stoichkov.jpg
  • samu.jpg
  • bil.jpg
  • hidalgo.jpg