
DÉPOR · 25 MAIO 2026
DOBLETE DE BIL NO ESTADIO JOSÉ ZORRILLA PARA DARLLE OS 3 PUNTOS DECISIVOS AO DÉPOR; E CULMINAR ASÍ "UN ANO DURO, LONGO, CON MOITA PRESIÓN, CON MOITA TENSIÓN"
O Dépor, con dobrete do canteirán Bil, venceu por 0-2 ao Real Valladolid CF este domingo 24 de maio no penúltimo partido de LaLiga HypermotionCon este resultado, Os Nosos suman 77 puntos e logran o ascenso matemático a Primera División."Foi un ano longo, duro, con moita presión, con moita tensión", declarou Antonio Hidalgo na sala de prensa.Lucas Noubi foi a novidade no once inicial respecto á pasada fin de semana ante o FC Andorra. O internacional belga, sancionado ante os andorranos, ocupou o lugar de Arnau Comas.Bil, titular, e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.O partido arrancou cunha espectacular treboada eléctrica, con treboada de auga incluída, e con gol blanquiazul aos 10 minutos. Bil cabecea á rede unha falta lateral.Respondeu o Real Valladolid CF cun disparo de Alejo desde a frontal da área que parou Ferllo en dúas tempos. Corría o minuto 24.O balón era dos pucelanos, cun Dépor tapando espazos e tentando enlazar unha contra.Lachuer, cun centro-chut, obrigou de novo a Ferllo a intervir e desviar a saque de esquina.Xusto antes da pausa de hidratación, Lachuer chutou lixeiramente desviado desde moi lonxe. Apertaba o Real Valladolid na procura do empate.Pasada a media hora, Ximo Navarro chutou moi forte desde o seu carril dereito. Aceves despexou con moitos apuros.Foi o preámbulo do segundo gol, obra de novo de Bil. Ábrese oco entre a defensa e o seu disparo cóase a pesar de tocar en Aceves.Intentou recortar diferenzas o Real Valladolid cun cabezazo de Latasa que se marchou fóra por pouco.O propio Latasa enviou ás nubes un man a man ante Ferllo nunha gran contra do Real Valladolid ao saque dunha falta lateral do Dépor.O partido estaba vivo e os pucelanos querían meterse de novo.No desconto da primeira parte, Latasa cabecea no segundo pau ao lateral da rede cando a bancada xa cantaba o gol.Co 0-2, con dobrete de Bil, chegouse ao descanso.Tras o paso polos vestiarios, apropiouse do balón o Real Valladolid.Carvajal estivo a piques de recortar diferenzas no minuto 66 pero o seu remate a bocarraxo na área pequena sácao in extremis a defensa deportivista, case baixo paus.De novo apertaba o Valladolid.Porén, Antonio Hidalgo deu entrada a Riki por Luismi; e logo a Stoichkov e Eddahchouri por Yeremay e Bil, co que o equipo recuperou a pelota e dedicouse a deixar pasar os minutos até o asubío final e a explosión de alegría de todo o deportivismo."Fixóselleme larguísimo. Son semanas difíciles, desde o FC Andorra queres que chegue o partido, a semana facíase longa. Eles tiveron ocasións para facer un gol e poñernos en perigo. É certo que os resultados doutros campos nos favorecían. Necesitabamos gañar, fixémolo; e conseguimos algo histórico", concluíu Antonio Hidalgo.Real Valladolid: Aceves, Torres, Ramón Martínez, Lachuer (Biuk, min. 82), Latasa, Amath (Alani, min. 82), Alejo (Hugo San, min. 70), Tomeo, Ponceau, Peter (Sanseviero, min. 70) e Juric (Carvajal, min. 46)Deportivo: Ferllo, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Loureiro, Quagliata, Villares, Mario Soriano (Arnau Comas, min. 90+1) Luismi (Riki, min. 70), Altimira (Escudero, min. 90+1), Yeremay (Stoichkov, min. 78) e Bil (Eddahchouri, min. 78)Árbitro: Saúl Ais, do comité valenciano. Amonestou a Juric (min. 24), Alejo (min. 38), Altimira (min. 47), Torres (min. 48), Lachuer (min. 58) e Ramón Martínez (min. 60). Expulsou con vermella directa a Sanseviero (min. 82)Goles: 0-1 Bil (min. 10); 0-2 Bil (min. 33)Incidencias: partido disputado no Estadio José Zorrilla ante 19.111 afeccionados, con varios milleiros de deportivistas nas bancadas


Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...

O xuvenil Nico Balbas concentrarase en Alacant coa selección ...

Resultados deste sábado 23 de maio en ANOSACANTEIRA, con subc...

Os Nosos poñen rumbo á Fan Zone de Riazor nunha noite de fest...

O RC Deportivo regresa a Primera División